top of page
Conspiración en El Cairo

Programación

BANNER.jpg
Ataquilla.png

DESCARGA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO

Luns 23 outubro | 21.00 h

Teatro Principal

 

Xornada Inaugural

Charla - Coloquio

"Palestina e Israel: ninguén está a salvo"

Coincidindo coa inauguración da Semana de Cine Árabe Amal, a xornalista Esther Rebollo e o economista Jesús Núñez presentan “Palestina e Israel: ninguén está a salvo”, unha charla na que repasaremos os últimos acontecementos do conflito de Oriente Medio, mergullándonos nas raíces históricas e socioeconómicas que alimentan a contenda persistente nesta rexión. 

Martes 24 outubro | 21.00 h

Teatro Principal

Proxección

Conspiración en El Cairo

(Boy from Heaven) (FIC)

Tarik Saleh | 2022 | Dinamarca, Finlandia, Francia, Suecia  | 126’

Adam, fillo dun humilde pescador, emprende unha viaxe ao Cairo para estudar na prestixiosa Universidade de Al-Azhar, centro de poder do Islam sunnita. Sen ser consciente, o rapaz converterase nun peón do conflito entre as elites relixiosas e políticas de Exipto.

Conspiración-en-El-Cairo-Boy-from-Heaven-(Fic).jpg

Mércores 25 outubro | 21.00 h

Teatro Principal

Proxección

Entre las higueras (Taht alshajra) (FIC)

Erige Sehiri | 2022 | Tunisia, Francia, Suíza, Alemaña, Qatar | 92’

No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdou traballan recollendo figos. Baixo o testemuño das árbores e co sol abrasador como pano de fondo, desenvolven novos sentimentos, discuten, coquetean e intentan entenderse. A horta convértese así nun teatro de emocións no que se representan os soños e as esperanzas de cada un deles.

Entre las higueras - Taht Al Shajara (Fic).jpg

Xoves 26 outubro | 21.00 h

Teatro Principal

Proxeccn

The Sage (FIC)

Basil Alkhatib | 2021 | Siria | 91’

Jaber é un médico ancián que vive nunha desolada cidade siria despois de que a guerra obrigase a fuxir á maioría dos residentes. Valéndose dos seus coñecementos e do seu carácter cordial e sarcástico, trata de aliviar o sufrimento dos seus veciños mentres cura as súas propias cicatrices: a morte da súa única filla, Shams.

Venres 27 outubro | 21.00 h

Teatro Principal

Proxeccn

Little Palestine, Diary of a Siege (DOC)

Abdallah Al-Khatib | 2021 | O Líbano, Francia, Qatar | 89’

O distrito de Yarmouk, en Damasco, Siria, foi o campo de refuxiados palestinos máis grande do mundo ata 2018. O réxime de Bashar Al-Assad considerábao un refuxio para rebeldes e terroristas, e comezou unha campaña de asedio sobre o territorio a partir do ano 2013. Neste escenario entra en xogo Abdallah Al-Khatib, que xunto aos seus amigos documentaron a vida cotiá dos habitantes asediados, dando lugar a esta película.

Sábado 28 outubro | 21.00 h

Teatro Principal

Proxeccn

El Caftán Azul (Le Bleu du Caftan) (FIC)

Maryam Touzani | 2022 | Francia, Marrocos, Bélxica, Dinamarca, España | 122

Halim, un xastre de mediana idade, dirixe coa súa muller un pequeno negocio na antiga medina de Salé, Marrocos. A relación entre eles, que oculta un gran segredo, vese afectada pola chegada dun mozo aprendiz, Youssef.

The-Sage-(Fic)2LOW.jpg
Little Palestine (Doc).jpg
El-Caftán-Azul---Le-Bleu-du-Caftan-(Fic)2.jpg
Programación
Little Palestine
The Sage
Entre las higueras
El Caftán azul
Carta do director
Xornada Inugural | Charla
Ninguén está a salvo.png
Carta do director | Ghaleb Jaber Martínez

8 de setembro de 2023, 22 horas e 11 minutos da noite. A terra treme na cidade marroquí de Ighil, converténdose no epicentro da traxedia. A auga arrasa as pontes da cidade libia de Derna e borra os sorrisos daqueles aos que se lles impide, sistematicamente, ter motivos para sorrir. Un mes máis tarde, as bombas destrúen os soños do sempre esquecido pobo de Palestina.

Hoxe Instagram está de loito e garda un reel de silencio. Mañá pasaremos o dedo cara a abaixo e sumirémonos nunha espiral de vídeos de 15 segundos e de amnesia provocada polo algoritmo. As noticias anestesian a nosa liberdade e converten en vítimas aos verdugos, conseguen que non sentimos a dor dos pobos cuxo único pecado somos nós. Non vos enganedes: o noso progreso págase coa sangue dos outros.

Ninguén está a salvo. Todos estamos en perigo, independentemente do lugar do mundo no que nacésemos. Enfrontámonos a perigos como o cambio climático, os extremismos ou o capitalismo salvaxe. Antes ou despois, todos seremos vítimas.

Nun mundo marcado pola ditadura da inmediatez, da atención limitada, de modas pasaxeiras e de encontros fugaces, as traxedias teñen data de caducidade. O que hoxe é historia, mañá será esquecido. A nosa unha cegueira colectiva impídenos ver as ameazas que nos axexan. Depende de nós construír un mundo no que poidamos sentirnos a salvo. Que non che digan o contrario: somos capaces de cambiar o mundo, pero custará moito máis esforzo que compartir unha foto nunha rede social.

Con este sabor agridoce facemos 21 anos e asumimos a difícil tarefa de colorear os días grises de outono. 21 anos dun proxecto que é máis ca un evento cinematográfico. Amal foi e segue sendo un encontro de culturas, un espazo no que a gran pantalla se transforma en fiestra e esa fiestra abre unha porta ao intercambio, á empatía e ao entendemento. Temos a certeza de que hoxe, en moitos lugares do mundo árabe, só se pode soñar en branco e negro. Se ignoramos a dor dos demais, corremos o risco de que esta dor se converta en rabia e a rabia destrúeo todo.


Ghaleb Jaber Martínez,
Director da Semana de Cine Euroárabe Amal.

Logos - color_Amal23.png
Contacto
Info
bottom of page